Como estamos en novembro, o mes das castañas, que che parece se preparamos a seguinte receita?


- 1kg. de castañas
- 2 onzas de chocolate amargo
- 2 iemas de ovo
- 750 gr. de azucre
- 1e1/2 vasos de auga


Faise unha pasta cocendo as castañas e pasándoas por un tamiz. Nun cazo prepárase un almíbar coa auga e co azúcar. Cando estea retírase un vaso e cócense no resto as castañas ata que se vexa consistente. Con esta masa fórmase unha rosca. No centro da mesma vertemos unha salsa feita co vaso de almíbar, as iemas e o chocolate amargo. Para face-la salsa deberemos remover sempre para o mesmo lado e seguir ata que enfríe un pouco.

No hay comentarios: